Viaxé a Dada nos informativos da Televisión de Galicia

A Televisón de Galicia acudiu a representación de Viaxe a Dadá que tivo lugar o pasado sábado 18 de abril, no Auditorio do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, e fixo esta fermosa reportaxe que foi emitida no Telexornal Fin de Semana da tarde de ese memo día.

As propostas de lecer para os máis pequenos da casa ás veces seducen a toda a familia.
Foi o caso do espectáculo teatral que esta tarde acolleu o Museo do Pobo Galego.
Co público acomodado daba comezo “Viaxe a Dadá”. Unha montaxe da compañía de teatro da Semente pensada para os nenos de cero a tres anos.
Xogos, cancións e contos sucédense ao longo desta obra que intenta espertar a curiosidade dos cativos… e ao tempo convida os maiores a viaxar polo faiado da súa infancia.
Ao final da obra as actrices compartiron impresións co seu público.
A xornada e o conto remataron… convindando aos nenos a durmir e a soñar.

Fonte: Informativos da Televisión de Galicia.