Gretel e Bela seleccionada para participar en Galicia Escena Pro.

Estamos moi ledas xa que Gretel e Bela foi unha das 17 propostas seleccionadas para participar en Galicia Escena Pro, no formato de espectáculo completo. A cita será o vindeiro luns 6 de xuño as 12 na Fundación SGAE de Santiago de Compostela.

Galicia Escena PRO é o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, (Xunta de Galicia).