Chíos no Culturgal 2014

Chíos no Culturgal 2014

Todo preparado para comenzar a representación

Foi un auténtico pracer ser convidadas a representar Chíos no na Feira das Industrias Culturais Galegas, celebrada en Pontevedra os días 5,6 e 7 de decembro de 2014.

Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Un espazo de encontro, unha oportunidade e unha ferramenta. Un punto de encontro no que o sector da cultura amosa a súa forza de conxunto e no que se produce un rico diálogo e intercambio de ideas. Unha oportunidade para amosar novos proxectos e iniciativas ante outras empresas, programadores, institucións e público en xeral, nun escaparate excepcional. (Da presentación do Culturgal 2014)

Chíos no Culturgal 2014

Posando no stand de Urdime, a nosa distribuidora.