Chús Álvarez é Licenciada en Filoloxía Inglesa e Técnico Superior en Educación Infantil. Tras estudiar Arte Dramática durante tres anos no Estudio de Teatro Casahamlet (Manuel Lourenzo, Santiago Fernández, Theodor Smeu e Álvaro Guevara) recibiu tamén clases de Movemento e Expresión Corporal (Mar Navarro/ Marta Schinca), clases de Técnica Vocal (Andrés Hernández / Ramón Bermejo), Verso (Vicente Fuentes), Canto (Ángeles Dorrio/Paula Rey), Clown (Michele Dallaire/ Antón Valén), Cabaret (Nelson Quinteiro/ Iria Pinheiro), Proceso Creativo Orgánico (John Strasberg) e Interpretación de Verso Clásico (Elisa Merinas).

Tamén realizou estudios de Interpretación ante a Cámara (Rosa Estèvez/ Miguel Albaladejo/ Macarena Pombo/ Mariana Carballal/ Alejandro Albaiceta), de Manipulación de Monicreques e Obxectos (Carlos Clemente Martínez Galego), de Dirección de series de Televisión (Marta Piñeiro, Judas Diz e Silvia Varela) e de Dobraxe para Cine e Televisión (Estudio Uno de Coruña).

Aínda que ten moita experiencia co público adulto (facendo microteatro e teatro de rúa) e no eido audiovisual (é actriz de dobraxe, locutora e ten un amplo currículo de curtametraxes), está especializada en teatro para os máis pequenos (nas compañías Trifulca, Galitoon e CasaHamlet) e no traballo de narradora oral (en múltiples salas, bibliotecas, escolas e teatros de toda Galiza). Ademáis, dende hai tres anos coordina a programación infantil da coruñesa sala LaTuerka27.

No eido docente leva 16 anos traballando como mestra de teatro (no Estudio de Teatro Casahamlet, na Escola Municipal de Danza de Oleiros, na Escola Municipal de Teatro de Sada, na coruñesa sala LaTuerka27 e en diferentes centros educativos de A Coruña) e impartindo módulos de “Expresión Dramática”, “Expresión Oral” e “Linguaxe Corporal” para entidades como a Xunta de Galicia, o CEFORE, a ASPG ou a Escola de Finanzas de Coruña.

Tras crear no 2012 -xunto a Raquel Queizás- a compañía Teatro da Semente, en 2013 constitúe unha nova compañía artística, 20Veces, na que tamén traballa como actriz e directora. Actualmente compaxina o traballo en ambas coa súa faceta docente.

Raquel Queizás é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudios de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal, bufón, commedia dell’arte, danza teatro, mimo, voz e canto, acrobacia, manipulación e fabricación de títeres, etc.) en diferentes centros ou encontros de formación (UNIMA Aragón, Sala el Montacargas de Madrid, RESAD,
Sala DT, Taller de teatro Asura, PROEXDRA, Estudio 3, Aula de Teatro de Santiago de Compostela, Espacio Aberto). Entre os seus mestres atópanse: Roberto Salgueiro, Cristina Domínguez, Carlos Neira, José Campanari, Eric de Bont, Pablo Pundik, Joseph Estela, Nestor Muzo, Javier Alman, Gabriel Molina, German Caro, Piris, Fabio Mangolini, Jordi Bertrán, Freddy Artiles, Pablo Vergne, Leo Bassi, Jango Edwards, Javier Peraza, Neville Tranter…

Participa en diversos proxectos escénicos: con Maxín Blanco, dirixe e interpreta Gatuxo un espectáculo músico teatral para bebés. Coa compañía Os Monicreques de Kukas, como actriz e marionetista nas obras O Kikirixote, O castelo da Rocha Vella e Sete contos capitais. Con Galitoon, participa nas obras Rosalía, a pulga que escribía, Os limóns, Golulá, e A Festa dos Axóuxeres. No Centro Dramático Galego, participou coma actriz-manipuladora na obra Valdemuller, dirixida por Pablo Vergne.

Compaxina esta actividade con varios espectáculos de contos, dentro dos programas, Ler conta moito  e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. Foi seleccionada como narradora para contar no Maratón de Cuentos de Guadalajara. Actuou no  Encontro internacional de contadores de historias, Sete falares en Pontevedra. Participa na I e II edición do Festival de Narración Oral Atlántica de Santiago de Compostela. A obra El Cesto de los Cuentos acadou o segundo premio no IV certamen de Cuentacuentos Tierras del Torío (León).

Foi compoñente da compañía Akántaros, Del castillo a tu jardín, Festival de Almagro, (2007). Para mirarte mejor , Casa de América, (2006), Del fruto al árbol…(2006). Integrante de Tragaleguas Teatro, realizou diversos espectáculos de rúa e mercados medievais por toda a península, (2004-2007). Formou a compañía Trasteando Títeres, coa que dirixiu e interpretou a obra De planeta a planeta, espectáculo de manipulación de obxectos e monicreques, (2005). Con Leo Bassi participou en espectáculos de rúa (2005). Coa compañía Berrobambán, foi integrante do proxecto teatral ASTEROIDE B612, dirixido ao público infantil con montaxes semanais na Sala Nasa de Santiago. Participou nas obras Dous contos sen final (2001), Diariamente (2000), baseadas en textos de José Campanari. Ndc, baseado en textos de Rodrigo García , Xuvenca e Cochón, (1999), textos de Paula Carballeira , Con vostedes Golfiño!, e O labirinto da literatura, Encontro Luso-Galaico-Francófono de Oporto (1999).

© 2012-2017


Facebook:


Canal:

Distribución:


info@urdime.net

T. +34 981 937 424
M. +34 619 920 335
M. +34 679 946 957

Deseño Daniel Piñeiro