Chíos participa na terceira edición do FOMe, Festival de Objectos e Marionetas.

Teatro da Semente foi invitada a participar na terceira edición do FOMe,  Festival de Objectos e Marionetas que se celebrou nas vilas do Algarve de Faro, São Brás de Alportel e Loulé entre 15 e 21 de xuño.

Representamos Chíos, poesía sensorial para bebés, no fermosísimo Teatro Lethes, de Faro (Algarve, Portugal), os días 20 e 21 de xuño.

Moitos parabéns a todos os membros da ACTA (A Companhia de Teatro do Algarve), organizadora do Festival e en especial a Jeannine Trévidicn e Nuno Lopes De Silvestre, por tratarnos tan ben. Todo un pracer traballar con eles!

 

 

 

Monet oblectando, inscripción latina na fachada do

Teatro Lehtes que significa instruir divertindo.