Chíos no Festival Sementes, Almada (Portugal)

Chíos foi seleccionada para participar na 20 Mostra Internacional de Artes para o Pequeno Público que se celebrou dende o 23 de maio ao 7 de xuño nas localidades portuguesas de Almada, Barreiro, Castro Verde, Moita, Montemor-o-Novo, Seixal e Sesimbra.

Durante as tres semanas da Mostra, as familias destes 7 concellos puideron asistir a diferentes propostas de teatro, circo, monicreques, música, clown e animación de rúa, cun total de 19 espectáculos presentados por compañías de Portugal, España, Reino Unido, Italia, Irlanda e Xapón.

Foi todo un pracer actuar no auditorio do Fórum Municipal Romeu Correia de Almada, o 7 de xuño, con funcións ás 11 da maná e as 4 da tarde.

Parabéns á organización e, en especial, as personas de Teatro Extremo  por todo o traballo tan ben feito e por facernos sentir coma se estivésemos na nosa propia casa!

Afinando a iluminación no Auditorio Fórum Municipal Romeu Correia:

O rematar as funcións, invitamos ao público a achégase o escenario.

Inda que pareza o contrario, as relacións con Rui Cerveira, director da Mostra, foron moi cordiais :))

Execepcional equípo técnico do Fórum Municipal Romeu Correia.