Chíos no Centro Conde Duque de Madrid

Que mellor xeito de comezar este ano 2015 que traballando no que mais nos gusta en os divirte?. Con seis felices Chíos, con seis funcións nada menos, no auditorio do Conde Duque, nos impoñentes edificios de comezo do século XVIII, o abeiro das actividades culturais programadas polo Concello de Madrid durante este Nadal, la Ciudad de los Niños 2014.

O día primeiro de xaneiro chegamos s a Madrid coa ilusión de representar en castelán o noso segundo montaxe, con moitas ganas de actuar e de ver as cariñas das nenas e nenos madrileños, e confiando en que a nosa obra tivese tan boa acollida coma esta a ter en Galicia e a que tivo na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo (Salamanca).

E a tivo!: moito público en cada unha das 6 funcións, miradas atentas, alentadores sorrisos e fermosas verbas do público ao rematar as funcións.

E un equipo técnico del teatro espectacular, ó que non deixaremos de agradecer a súa profesionalidade e bo trato. Una gran organización, a de esta Ciudad de los Niños. Sentímonos como en casa, arroupadas e coidadas e prometemos volver con un gran sorriso na cara, xa sexa a cabaliño –con VIAXE A DADÁ– ou entoando o noso CHÍOS de novo, con paxaros na cabeza.

Comezamos o ano traballando, e nos queda un 2015 enteiro para seguir gozando sobre as táboas, facendo gozar tamén ás familias e, sobre todo, facendo gozar a os mais pequenos.

Grazas amigas e amigos do Conde Duque. Grazas, Madrid, por este recibimento. E grazas tamén os nosos compañeiros de Urdime, por facelo posible.

O auditorio do Conde Duque

No camerino, inda sen peitearnos

A programación da Ciudad de Los Niños

E xa con nosos paxaros na cabeza

Todo listo na cabina de control

Xira, xira, xirasol

Mostrando ao público os elementos da obra tras rematar unha función

Grazas ao excepcional equipo técnico e da organización

Voltando a casa