Chíos na Fira de Titelles de LLeida

Regresamos da Fira de Titelles de Lleida moi ledas pola excelente acollida que tivo Chíos. Por vez primeira esta fira acolleu un espectáculo dirixido aos bebés. Foi todo un pracer inaugurar esta nova categoría, adicada aos espectadores do futuro.

Parabéns a toda a xente da organización da Fira polo bo e duro traballo que levaron a cabo.

 

Gràcies per acollir-nos amb tan d’afecte!

Vídeo da representación de Chíos na Fira de Titeres de LLeida, gravado pola organización.

Espectáculos programados na Fira.

Chíos na prensa local.

Colgamos o cartaz de non hai entradas nas dúas representación.

Diario Segre do 29 de abril: “Éxito da proposta para os mais pequenos”