Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña.

Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.

CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais e nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

Video promocional de Chíos (1m:27s)

Público: Espectáculo para bebés de 0 a 3 anos

Duración: 30 minutos

Tempo de montaxe e desmontaxe: 2h 30minutos

Medidas: Ancho 8m/ Fondo 8m/Alto 2,30m

Dirección artística: Teatro da Semente

Actrices: Raquel Queizás e Chus Álvarez

Realización vestiario: MaraVillas atelier

Espazo escénico e atrezzo: Luís Brotóns, Armando García, Marta Parcero e Teatro da Semente

Música orixinal: Teatro da Semente

Espazo sonoro: David Díez

Fotografía: Lupe Vázquez

Deseño de iluminación: Daniel Piñeiro

Vídeo: TIngalaranga

Distribución: URDIME

© 2012-2017


Facebook:


Youtube:

Distribución:


info@urdime.net

T. +34 981 937 424
M. +34 619 920 335
M. +34 679 946 957

Deseño Daniel Piñeiro