Cando os contos se deixan de contos

Compartimos con todos vós un fragmento da fermosa reseña que fixo da nosa obra Gretel e Bela a gran artista multidisciplinar Luz Darriba, no xornal Sermos Galiza do día 14 de outubro de 2017:
E dentro desas maneiras diferentes de entender e axudar ao goce das e dos pequenos está a obra Gretel e Bela dirixida polo Teatro da Semente, coa interpretación de Raquel Queizás e Chus Álvarez sobre un texto de Manuel Lourenzo. Trátase dun traballo que mergulla nos contos da infancia dos que falabamos antes, para cambiar o conto, para derrubar estereotipos, para empodeirar ás nenas, para poñer en valor a igualdade, a amizade, e a colaboración para vencer xuntas ao medo e aos perigos cos que nos atopamos na vida, cos que se atopan precisamente as nenas. Unha posta preciosa, coidada, visualmente impecábel, unha actuación impresionante destas dúas mulleres, e un contido que respecta ás crianzas, que non as inmobiliza, que non as engana. Que lles fala dos verdadeiros riscos aos que se hai que saber enfrontar con intelixencia e coraxe. Sen o edulcorante que ás veces impón o politicamente correcto. Vencendo o medo ao medo.

Details