Xa podemos compartir con vós a nosa ledicia: Teatro da Semente (Chus Álvarez e Raquel Queizás) foi seleccionado para participar na decimosétima Feria de Teatro de Castilla León.

En Agosto as sementeiras viaxaremos ate Ciudad Rodrigo para facer a estrea en castelán de CHÍOS, a nosa segunda montaxe, xunto a 40 compañías do resto de España, Brasil, Francia e Portugal.

Orgullosas estamos, e tamén agradecidas. Todo o noso agarimo e as grazas máis sentidas para Armando García, Daniel Piñeiro, David Díez Deus, Estudios Bonham, Jose Cadaveira, LaTuerka27, Luis Brotóns, Lupe Vázquez, Maria Villas (Maravillas Atelier), Marta Parcero e os compañeir@s de Urdime.

A semente comeza a florecer!

http://www.feriadeteatro.es/