TEATRO DA SEMENTE nace froito da inquedanza de dúas actrices e narradoras, Chus Álvarez e Raquel Queizás. Despois de anos traballando actoralmente no ámbito infantil, tanto por separado como xuntas en varias montaxes doutras compañías, en 2012 deciden unirse en prol do xogo, a fantasía e o amor pola infancia e o teatro, especializándose no teatro para bebés.

Gretel (personaje extraído de Hansel y Gretel) y Bella (La Bella Durmiente) se encuentran en un bosque y comienzan, juntas, un viaje iniciático hacia su crecimiento personal sin necesidad de príncipes ni palacios…

Entremos no faiado da infancia, subámonos a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxemos xuntos polas lembranzas da nenez, entre xogos e cantigas. Dadá é a infancia simbolizada nun cabaliño de madeira. De feito dita expresión, “dadá” (que da orixe tamén á arte dadaísta), provén do balbuceo infantil con que as crianzas francesas chaman ao cabaliño de xoguete.

CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

© 2012-2017


Facebook:


Canal:

Distribución:


info@urdime.net

T. +34 981 937 424
M. +34 619 920 335
M. +34 679 946 957

Deseño Daniel Piñeiro